Consellería de Innovación e Industria | Mapa web | Xunta
 
A Consellería
O Conselleiro
Organigrama
Funcións e Competencias
Secretaría Xeral
Directorio
Servizos
Novas
Axenda
Perfil do Contratante
Lexislación
Ligazóns de Interese
Información Europea
Publicacións
Audiovisuais
Programas Informáticos
Servidor de Mapas do CESGA
Entidades, Organismos Autónomos, Empresas Públicas, Fundacións, Entes Públicos, Outras...
Información e atención ao cidadán 981 544 341
Guía do cidadán
SIMULADOR DA SÚA FACTURA ELÉCTRICA. Inega
 
D.X. Investigación, Desenvolvemento e Innovación I+D+i D.X. Promoción Industrial e Sociedade da Información D.X. Industria, Enerxía e Minas D.X. Comercio e Consumo D.X. Turismo
 Axenda
Do 18 ao 22 de xullo de 2008

A Consellaría de Innovación e Industria participará cun stand propio e diversas actividades de divulgación e promoción na Euroscience Open Forum Barcelona 2008 (ESOF 2008), que terá lugar en Barcelona do 18 ao 22 de xullo. A ESOF constitúe a maior reunión multidisciplinaria de científicos, promotores e xestores da investigación en Europa.

A ESOF2008 é una iniciativa de Euroscience, asociación científica que representa aos científicos europeos de todas as disciplinas vinculados ao sector público, universidades, organismos de investigación e empresas privadas. Euroscience opera como un grupo de debate e lobby político co obxectivo de crear un espazo de investigación europeo integrado. O público asistente, unhas 2.000 persoas, comprende científicos, responsables e xestores de política científica, empresarios, divulgadores científicos, xornalistas e público en xeral.

A Consellaría de Innovación e Industria estará presente nesta cita cun stand do Plan Galego de I+D+i 2006-2010 INCITE, no que terán especial protagonismo o seu Programa de Recursos Humanos e a estrutura do Sistema Galego de I+D+i. O obxectivo desta presenza é amosar aos investigadores e demais asistentes as oportunidades que ofrece Galicia para a I+D+i.

Ademais do stand, a Consellaría desenvolverá un programa de actividades complementarias durante a Feira. Deste xeito, o Grupo de Teatro Chévere representará o sabado 19, ás 14:30 h., e o domingo 20, ás 10:00 h. e ás 15:30 h., a obra de teatro científico “Alá no fondo hai sitio abondo: unha aproximación á nanotecnoloxía”. Para completar a axenda, o luns 21, ás 10:30, o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia, presentará INCITE na Esof, e en especial o Programa Imán, de captación de científicos de alto nivel para Galicia.


· Días: do 18 ao 22 de xullo.
· Lugar: FIRA BARCELONA. Avenida Reina Mª Cristina s/n. 08004 Barcelona.

* Completa información en: · www.esof2008.org >

[Consellería]
 
Oficina Virtual - Servizos electrónicos
Axudas
Rexistro Xeral de Contratistas
SeRIE. Rexistro de Instalacións Eléctricas
Carnés profesionais
Rexistro Xeral de Artesanía
Rexistro Comerciantes Ambulantes
Consulta de Guindastres Móbiles
Taxas e Prezos. LIQUIDACIÓN
Novas Documentos
Axudas virtual
G2O. Pavillón de Galicia
 

Xunta · Mapa Web · Aviso Legal · Accesibilidade · RSS Novas RSS Novas

Información mantida e publicada na internet pola Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.